Categorías
| Total | Temas (48) | Replicas (636) |
|---|---|---|
| autoemprego | 1 | 0 |
| capital risco | 1 | 0 |
| creatividade | 1 | 2 |
| día emprendedor galicia | 1 | 0 |
| economía social | 1 | 0 |
| emprego | 1 | 0 |
| emprendedor | 1 | 18 |
| emprendedores | 9 | 524 |
| emprendemento | 2 | 2 |
| emprender internet | 3 | 2 |
| empresa | 2 | 2 |
| formación | 5 | 11 |
| foro investimento | 2 | 1 |
| innovación | 2 | 2 |
| internalización | 1 | 18 |
| investimentos | 1 | 0 |
| Irlanda | 1 | 18 |
| networking | 1 | 0 |
| premios emprendedores | 1 | 0 |
| proxectos tecnolóxicos | 2 | 4 |
| redes sociais | 3 | 6 |
| start-ups | 2 | 0 |
| universidade | 3 | 24 |
| Web 2.0 | 1 | 2 |
Tags
BIC Galicia e EGANET presentan un programa formativo para directivos de empresas TIC
A Asociación de Empresas Galegas de Internet e Novas Tecnoloxías responde con este programa ás necesidades formativas do sector galego das TIC, un sector caracterizado pola súa mocidade e composto por empresas tecnolóxicas de pequeno e mediano tamaño, con perfís profesionais moi técnicos e de alta cualificación pero pouco familiarizados coas tarefas básicas de administración e dirección de empresas.
O programa formativo que se desenvolverá a partir do mes de setembro comeza con 40 horas de formación especializada nas cinco áreas de xestión da empresa: Dirección Estratéxica; Dirección de Mercadotecnia e Comercial; Dirección de Operacións; Dirección de Control e Xestión; e Dirección e Xestión dos Recursos Humanos. Aos talleres formativos séguelles unha etapa de mentorización empresarial (6 hrs.) na que a empresa toma contacto cun mentor con experiencia no mundo da empresa, e unha xornada de negocios na que, durante un fin de semana, intercambiaranse experiencias con outros empresarios, daranse a coñecer as empresas e os seus produtos e/ou servizos, poranse en práctica os coñecementos e pautas establecidas na formación previa e ampliarase a rede de contactos dos participantes.
Poden participar empresas do sector TIC, asociadas ou non a EGANET. As empresas interesadas poden obter máis información e inscribirse xa no mail info@eganet.org ou no teléfono da asociación, 881 97 69 30.
Os días do curso están pendentes de confirmación, pero como adianto informámolos de que se están a contemplar os venres 10, 17 e 24 de setembro e 1 e 8 de outubro, en horario de 10,00h. a 14,00h. e de 16,00 a 20,00h. Realizarase en Santiago de Compostela e a aula concretarase en función do número de asistentes.
Mais información do curso clic aquí: Como levar as rendas dunha empresa tecnolóxica
