Taller "Redes Sociais e Web 2.0. Como vender máis e mellor"


  • A Fundación Banesto vai desenvolver en Galicia, en concreto en Vigo o taller "Redes Sociais e Web 2.0. Como vender máis e mellor", trátase dun evento de asistencia totalmente gratuíta e en que expertos no desenvolvemento da presenza de empresas nas contornas sociais de Internet tratarán de debullar as claves deste fenómeno e o xeito en que se pode aproveitar a Rede para promocionar a túa empresa e conseguir máis e mellores contactos.

       

    Ademais, os asistentes recibirán a opción de gozar dun ano gratuíto de acompañamento básico ás redes sociais da man de expertos, que lles asesorarán e axudarán a descubrir o potencial que a túa organización pode ter grazas a esta novo entorno de relación. As empresas pasarán así a formar parte do agregador Emprendedores en Rede , que en dous meses de existencia xa conta cunha comunidade de máis dun centenar de empresas que comparten os seus contidos e relaciónanse a través dela.

       

    O taller desenvolverase o vindeiro xoves 11 de marzo, de 10:00 a 14:00,na sala Nogueira Dalmás no Club Financeiro de Vigo, situado na Avenida García Barbón, 62. Máis información, programa e como anotarse na web de Emprendedores en Red da Fundación Banesto.