I Xornada Internacional de Coaching. XIC 09

O próximo 25 de xuño desenvolverase a I Xornada Internacional de Coaching (XIC 09), organizada pola Asociación Marineda de Jóvenes Empresatios (AJE Marineda) en colaboración con outras entidades e institucións.

 

A xornada conta coa presencia destacada de Joseph O`Connor, experto internacional no ámbito do Coaching e autor de numerosos best Sellers.

 

Enfoque do programa da xornada:

 

- Dar solucións reais ao novo modelo de dirección baseado na motivación, para converter á empresa nunha organización que aprende e que se supera.

- Descubrir as habilidades directivas de cada asistente.

- Mellorar a xestión de equipos.

 

Networkig. A I Xornada Internacional de Coaching será tamén un importante foro empresarial onde se darán cita persoas relacionadas directa e indirectamente co ámbito empresarial e terán oportunidade de ampliar a súa rede de contactos e fomentar as relacións comerciais. Todas estas accións levarán a cabo durante a Comida de Negocios que está incluída dentro do propio programa da Xornada.

  

Cota de inscrición: 120 €

Desconto especiais. Consultar a web.

Información: www.xic09.com

Día: 25 de xuño

Lugar: Aula de Cultura Caixa Galicia, Rua Carreira do Conde, 18, baixo. Santiago de Compostela

Inscrición implica: documentación, asistencia á comida de negocios e certificado.