Categorías
| Total | Temas (37) | Replicas (282) |
|---|---|---|
| autoemprego | 1 | 2 |
| capital risco | 1 | 2 |
| creatividade | 1 | 1 |
| economía social | 1 | 2 |
| emprendedor | 1 | 8 |
| emprendedores | 4 | 210 |
| emprendemento | 2 | 3 |
| emprender internet | 3 | 4 |
| empresa | 2 | 2 |
| formación | 4 | 8 |
| innovación | 2 | 2 |
| internalización | 1 | 8 |
| investimentos | 1 | 2 |
| Irlanda | 1 | 8 |
| networking | 1 | 1 |
| premios emprendedores | 1 | 1 |
| proxectos tecnolóxicos | 2 | 2 |
| redes sociais | 3 | 3 |
| start-ups | 1 | 2 |
| universidade | 3 | 10 |
| Web 2.0 | 1 | 1 |
Tags
Terras Gauda explicará a súa experiencia internalizadora no Irish day: A (re)view of Ireland
Este mércores 27 de Maio teremos o pracer de contar coa visión de Patrick O´Flanagan, profesor da Universidade de Cork e estudoso da xeografía galega, tendo publicado o libro Xeografía Histórica de Galicia e analizado polo miudo a Europa Atlántica.
A ponencia do insigne profesor terá lugar nunha xornada titulada: Irish day: A (re)view of Ireland. Este evento ten como obxectivo acercarnos dende un punto de vista multidisciplinar a realidade socio-economica irlandesa. O paradigma do desenvolvemento irlandés que parecía inquebrantable presenta algunhas fisuras, chegando a un 11% de paro, entre os máis altos de Europa. Por este motivo dende o CEER consideramos que, aproveitando a visita de Patrick O´Flanagan, é moi positivo ter un punto de encontro entre investigadores, empresarios, profesores e universitarios.
A xornada comezará o as 10:00 na sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia da USC, despois da inauguración, Carlos Ferrás profesor de xeografía e director do CEER disertará sobre o pasado, presente e futuro de Irlanda e Galicia. Contaremos coa presenza de Carlos Macía que nos informará sobre o desenvolvemento da sociedade da información en Irlanda e no noso País.
Xa a media mañá teremos a sesíón máis empresarial e contaremos coa visión de Iago Becerra, Manager Export de Terras Gauda que nos informará da experiencia exitosa da internalización do viño Terras Gauda en Irlanda. João Sarmento, profesor da Universidade do Minho analizará o desenvolvemento irlandes cunha visión portuguesa. Xa a 13:00 contaremos coa ponencia do director do Colexio de Xeografos de Galicia, Ignacio Fernández. E para rematar a xornada da maña Patrick O´Flanagan nos explicará o desenvolvemento e crise en Irlanda dende unha visión crítica.
Na xornada da tarde teremos a proxección dun documental e debate posterior coordinado polo profesor Estevez Saa, no que contaremos coa presenza de investigadores de Amergin, instituto universitario de estudos irlandeses da UDC. Este debate versará sobre o patrimonio irlandés e o seu correlato con Galicia. Para rematar a xornada contaremos coa actuación de Escuchando elefantes, grupo que destaca por facer suxerentes versións da música actual irlandesa

