Proxecto Saeomercado 2009

BIC Galicia, en colaboración con AJE Vigo, AJE Marineda e o Círculo de Jóvenes Emprendedores de Ourense poñen en marcha a terceira edición deste programa co obxectivo de acompañar as xoves empresas na súa etapa de saída o mercado e asesorar os/as empresarios/as para definir a estratexia de negocio e así evitar o fracaso. O proxecto pretende aproveitar os coñecementos e experiencias no mercado de empresarios/as con ampla experiencia para crear un grupo de apoio que acompañe os mozos/as empresarios/as máis recentes, co obxectivo de consolidar o seu proxecto de forma máis eficaz. BIC Galicia aporta a formación técnica a través de docentes experimentados e os medios necesarios para poñer en marcha este programa.

Formación especializada dirixida a empresarios e directivos:
Se priorizará as empresas asociadas que teñan entre 9 meses a 3 anos de actividade dende a súa constitución e aqueles que non teñan participado nas anteriores edicións do proxecto. As sesións de formación contan cunha duración total de 40 horas durante as que se abordan as principais preocupacións dos mozos/as empresarios/as da man de profesores expertos na área da práctica empresarial. Non teñen custo para as empresas participantes, aínda que as prazas son limitadas.
A temática é:
MODULO EMPRESA (8 h)
PROCESO COMERCIAL – MK (8 h)
DIRECCIÓN DE OPERACIÓNS (8 h)
CONTROL DE XESTIÓN (8 h)
DIRECCIÓN E XESTIÓN DOS RECURSOS HUMANOS (8 h)

Tutorización empresarios con experiencia:
Os tutores serán empresarios cunha longa traxectoria profesional no mercado que traten aspectos prácticos e que analizando a empresa dende fora poidan dar consellos ou valoracións sobre as partes da empresa que se lles presenten. Os participantes no proxecto terminarán esta fase de tutorización coa tarefa de levar a cabo un traballo de presentación da súa empresa tendo en conta os aspectos tratados nas tutorizacións e no módulo formativo.

Xornada saeómercado 2009:
Xornada de negocios centrada na posta en práctica do aprendido e orientada á presentación das empresas participantes e á venda. Incluirá roldas de presentacións, comidas coloquio e unha sesión final onde se analizarán os resultados obtidos nun coloquio entre os participantes, profesores e tutores.

Esta xornada está aberta a participación de empresas asociadas e non asociadas que queiran aproveitar esta oportunidade de darse a coñecer.

Lugar e data: Norte de Portugal, 1ª quincena de outubro.

+ info
www.ajevigo.es